viernes. 03.05.2024

A curva da sexta onda da covid-19 continúa o seu lento descenso. A comarca da Limia baixa dos 200 casos activos nun día: son 196. Son 26 menos que o venres pasado a primeira vez que a cifra cae por baixa dos 200 rexistros desde o 3 de xaneiro. Xinzo reduce noutro 9% o número total de casos activos. Queda en 131. O 3 de xaneiro tiña 134.


Pero os concellos onde a cifra baixa de maneira máis acusada son Sarreaus, que pasa de 7 casos o venres a só 2 hoxe, un recorte do 70%; e Vilar de Barrio, cun 75% menos. Sarreaus é con Baltar (que segue a cero desde o venres) e Vilar de Santos, cun só un caso hoxe, o concello con menor incidencia


En Baltar e Vilar de Santos non se anotan novos casos desde hai 7 días. Mentres, en Xinzo, nese mesmo período, o número de casos diagnosticados reduciuse de novo: foron 70; e 171 nos últimos 14 días. O efecto da primeira fin de semana do Entroido podería empezar a percibirse na estadística a partir desta semana.


Así están os rexistros
BALTAR  (variación =)  0 (activos)
OS BLANCOS  (-1)  9
CALVOS DE RANDÍN (-1)  3
PORQUEIRA  (-1)  5
RAIRIZ DE VEIGA (-1)  9
SANDIÁS (+1)  16
SARREAUS (-5)  2
TRASMIRAS  (-1) 4
VILAR DE BARRIO (-1)  16
VILAR DE SANTOS  (-3)  1
XINZO DE LIMIA  (-13)  131


Este luns todos os concellos da comarca viron caer a cifra de casos activos, agás Sandiás, onde se rexistrou un contaxio máis. En Sandiás, segundo o SERGAS; nos últimos 14 días anotáronse 20 novos contaxios. Só Vilar de Barrio (21 casos) e Xinzo teñen cifras máis altas nese período.

CORONAVIRUS A LIMIA | A comarca baixa este luns dos 200 casos por vez primeira desde o...