viernes. 03.05.2024

Agás Sarreaus, todos os concellos da Limia baixaron ou mantiveron igual a cifra de casos activos de covid-19 este mércores a respecto da xornada de onte. O descenso asentouse como tendencia na comarca á espera do que aconteza a raíz do comezo do Entroido en Xinzo. O número total de casos activos, 221, é o terceiro máis baixo desde que empezou o ano: 185 casos anotáronse o día 3 de xaneiro, e 219 ao día seguinte

Por concellos, Baltar parece que será o primeiro en volver marcar un 0 nun rexistro diario. Non se dá tal circunstancia en ningún dos concellos limiás desde que Calvos e Padrenda anotaron os seus primeiros positivos de 2022 precisamente o martes 4 de xaneiro. Calvos e Trasmiras, con 4 rexistros hoxe, e Vilar de Santos, con seis, son os seguintes concellos con menor incidencia. 

Así están os rexistros
BALTAR  (variación -1)  1 (activos)
OS BLANCOS  (=)  7
CALVOS DE RANDÍN (-1)  4
PORQUEIRA  (=)  8
RAIRIZ DE VEIGA (=)  8
SANDIÁS (-1)  14
SARREAUS (+1)  8
TRASMIRAS  (=) 4
VILAR DE BARRIO (-3)  17
VILAR DE SANTOS  (-1)  6
XINZO DE LIMIA  (-11)  144

En Xinzo, o descenso acelerouse este mércores. Hai 11 casos activos menos que onte: un 7% de rebaixa. En Vilar de Barrio, os datos de incidencia na última semana xa indicaban que a baixada empezaría a ir máis rápido. Entre onte e hoxe, un 17% menos. Aínda así, segue como segundo concello máis afectado por detrás de Xinzo. 

En Xinzo, segundo os datos do SERGAS dos últimos sete días, anotáronse 88 casos novos nos últimos sete días. A incidencia sigue baixando, mais a estatística aínda non pode dar razón do impacto das celebracións do Entroido o sábado e domingo pasados. Os datos a estas alturas, e máis en Xinzo, son tomados con moita prudencia. 
 

CORONAVIRUS A LIMA | A curva regresa ao nivel máis baixo desde o comezo de ano