viernes. 26.04.2024

A comarca da Limia pecha a penúltima semana de abril con 88 casos activos. Son apenas 14 máis que hai dúas semanas. A curva mantén a liña descendente, mais a redución vai moi lenta. Os números, en calquera caso, advirten de que a sexta onda remite. Hai un mes, o mesmo día 22 (de marzo), os rexistros anotaban 165 casos activos na comarca. Hai dous meses, o 22 de febreiro, eran 123.

A curva en Xinzo volveu subir esta semana despois de ter tocado mínimos con 25 casos o día 8, xusto antes da Semana Santa. Ao período vacacional, xa sen a maioría das medidas restritivas, pode seguir un incremento no rexistros de positivos. 

A estatística de incidencia acumulada así o indica, cando menos no caso de Xinzo de Limia. Con datos de onte, os novos contaxios en Xinzo nos sete días anteriores foron 35 (5 máis dos que indicaba a estatística con datos do mércores). Na incidencia acumulada a 14 días, as cifras en Xinzo tamén soben. Foron 50 novos casos no último período de referencia. No rexistro de casos no día, este venres Xinzo anota 5 casos máis que onte. Volve aos 45 contaxios activos, vinte máis dos que había hai apenas quince días. 

Así están os rexistros:
BALTAR  (variación +2) 12 (activos)
OS BLANCOS  (=) 4
CALVOS DE RANDÍN (=) 0
PORQUEIRA  (-1) 2
RAIRIZ DE VEIGA (=) 4
SANDIÁS (=) 5
SARREAUS (=) 4
TRASMIRAS  (=) 7
VILAR DE BARRIO (=) 4
VILAR DE SANTOS (=) 1
XINZO DE LIMIA  (+5) 45

Unha vez estabilizados os contaxios en Porqueira e Trasmiras, o outro foco de atención está agora no concello de Baltar. Hoxe volveron sumar dous casos e a cifra xa está nos 12 activos nun mesmo día. Os datos de incidencia acumulada indican que en Baltar rexistráronse 11 novos contaxios no período de sete días. 

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou hoxe que na última actualización o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 14.909, deles 1.974 (202 máis que onte) pertencen á área sanitaria da de Ourense. Do total de pacientes positivos no país, 16 están en UCI, 623 en unidades de hospitalización, o resto, no domicilio.

CORONAVIRUS A LIMIA | Os contaxios volven a incrementarse en Xinzo