jueves. 25.04.2024

"Non temos nin idea de cantas pezas seremos quen de deixar feitas esta tarde", di Carlos , presidente da Asociación da Pantalla, que onte se dedicou a cargar os carros (o grande e o pequeno) coas olas para o Domingo Oleiro e hoxe traballou na elaboración dos fachos para o Meco de mañá. Os fachóns deste ano fixéronse coa palla que quedou no palleiro de hai dous anos. "Non utilizamos toda, e mira, agora veunos ben"

Non sabían a media tarde cantos fachóns serían quen de preparar porque nos sabían canta xente moverán este ano. "Noutros anos, entre quince e vinte persoas... nunca faltan fachóns", di Carlos, que leva seis anos participando dos preparativos da fin de semana máis tradicional do Entroido de Xinzo.

Meco 3
O carro co Meco quedou listo para a procesión de mañá en Xinzo.  | FOTO: Noelia Caseiro

 

Tiñan pensado botar tres horas este venres. O traballo non consiste só en facer as teas que arderán mañá pola tarde. Tamén sacaron o Meco do Museo para escondelo, e prepararon as corozas e o carro, o Home da Bota, o Home do Corno, o Home da Aguillada e outras personaxes entroideiras, a vaca (ou touro)... "Xuntaremos unhas 14 ou 15 corozas".

Os fachóns deste ano fixéronse coa palla que quedou no palleiro de hai dous anos.

A procesión sairá da praza de Oriente entre lusco e fusco e o Meco presidirá desde este sábado o Entroido de Xinzo na praza Maior. "A procesión do Meco segue medrando. Cada ano hai máis xente. O Meco é a figura máis importante do Entroido despois das pantallas", di Carlos. 

Meco 4
Membros da Asociación da Pantalla, traballando nos fachóns. | FOTO: Noelia Caseiro

 

Tamén sacaron o Meco do Museo para escondelo, e prepararon as corozas e o carro, o Home da Bota, o Home do Corno, o Home da Aguillada e outras personaxes entroideiras, a vaca (ou touro)...

Para o presidente da Asociación da Pantalla, "poder colgalo Meco despois de dous anos de pandemia é unha alegría tremenda". Espera, di, "espantar estes males co lume dos fachóns". O Colgamento do Meco volve ser unha tradición consolidada, e o boneco presidirá o Entroido até o Mércores de Cinza. Mañá, despois do aforcamento, haberá de novo foliada.

NOTICIAS A LIMIA | Os fachóns están listos para conducir o Meco e espantar, este ano,...