Os traballos presentaranse antes do 23 de decembro

NOTICIAS A LIMIA | Vilar de Barrio convoca o seu quinto concurso de Nadal creativo

Decoración na Igrexa de Arnuide de Vilar de Barrio premiada en 2021.

O Concello de Vilar de Barrio convoca un ano máis o concurso "O noso Nadal creativo", que acada a súa quinta edición con diversos premios en tres categorías diferentes. A veciñanza poderá participar coa presentación das súas casas engalandas, con traballos de manualidades ou coa decoración de espazos públicos. Neste último ámbito, a Igrexia de Arnuide gañou dous premios o pasado ano.

A data límite para a presentación dos traballos será o 23 de decembro e deberanse enviar as fotos dos traballos de engalando de casas ou das manualidades ao correo servizossociais@vilardebarrio.gal. Os que queiran participar na categoría de decoración de espazos públicos terán que confirmar a participación antes do 9 de decembro no número 988 449 001, e así reservarán o lugar co que desexan unirse a este concurso.

Os premios que se entregarán serán tres cestas de Nadal para as casas mellor engalanadas, tres agasallos artesanais para os traballos manuais e as decoracións en espazos públicos optarán a gañar 500, 300 e 200 euros en metálico. Os gañadores serán elexidos por unha comisión composta por veciños de diferentes parroquias do concello.

Convocatoria do concurso "O noso Nadal creativo" de Vilar de Barrio.