sábado. 20.04.2024

Adif informa da reanudación da libre circulación ferroviaria entre as parroquias de Vilar de Barrio con Laza e Cerdedelo, tras o seu peche anterior por motivo do incendio rexistrado en Vilar de Barrio.

Arredor das 2:00 horas da madrugada de hoxe, a Consellería de Medio Rural, vía Twitter, anunciaba o peche da vía férrea Zamora-Ourense, concretamente á altura do kilómetro 195, afectando así a todos os usuarios da liña. A medida tomouse por motivos de seguridade, pois as lapas atopábanse, nese intre, a unha distancia moi preta do lugar.

O lume de Prado segue activo, polo que moitos dos profesionais encargados do seu control e extinción seguen traballando actualmente na zona. Parte dos efectivos aéreos despregados alí -Bombeiros Forestais da Xunta de Galicia con base en Vilamaior (Verín)-, xa veñen de retirarse do lugar, quedando o lume practicamente extinguido. 

NOTICIAS A LIMIA | Adif confirma a reapertura do camiño de ferro en Vilar de Barrio