O partido desta fin de semana que enfrontaba ao Club Deportivo Vilar de Barrio coa Asociación Deportiva de Fútbol Molgas contou cuns importantes visitantes. O equipo de gravación do documental sueco "Gärdsgärdsserien" estivo presente no campo da Corga, xa que o equipo local formará parte del.
Esta docu-serie emitirase por Discovery+, propiedade do estudio Warner Bros, e contará as historias do fútbol modesto que hai por Europa. Por iso, este domingo gravaron e fixeron entrevistas na Corga, pero tamén estiveron presentes nalgún entrenamento para recoller a historia do CD Vilar de Barrio.
O director Joel Sagerdahl e a xornalista Alexandra Jonson acompañaron ao equipo con todos os técnicos para a rodaxe deste documental, que se emitirá ata en 54 países. O campo de terra da Corga foi o un dos puntos que máis lle interesou á dirección deste documental, xa que quedan poucos en Europa. Por iso, o club limiao formará parte desta serie na que haberá moitas historias vividas no fútbol modesto.
Por outra banda, o equipo de "Gärdsgärdsserien" marchou cun bo sabor de boca de Vilar de Barrio, xa que o equipo levouse a vitoria cun abultado marcador de 6-0.