Xoves. 28.03.2024

“Para favorecer a seguridade vial e a mobilidade peonil nos días da fin de semana e nas rúas con maior afluencia de persoas, procederase ao peche das seguintes vías: Rúa Lepanto, Rúa San Roque e Rúa da Igrexa. Dende o sábado ás 13:00 horas ata o martes ás 7:00 horas. As persoas que precisen entrar ou saír poden chamar a Policía Local no número 626 998 060”. Esa é a mensaxe que o goberno local lanzou a través das súas redes sociais minutos despois das 16:00 horas deste venres.


O gabinete de comunicación do goberno de Xinzo non aclarou aínda ao Diario do Limia se a medida se limitará a esta ponte do Día Nacional de Galicia ou se ampliará a fins de semanas sucesivas. Tampouco foi posíbel contactar até esta hora nin coa alcaldesa, Elvira Lama, nin co concelleiro ao cargo das políticas de mobilidade, Ramón Gómez.

O goberno local informa desta decisión a menos de 24 horas de facela efectiva e despois duns meses no que se leva debatido sobre os usos deste espazo público en concreto, tanto polo que se refire á circulación e estacionamento de vehículos como á posibilidade de volver a traer a Feira de Xinzo a estas rúas.

AVANCE | Xinzo anuncia hoxe que pechará tres rúas do centro desde mañá até o martes