lunes. 07.10.2024

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Prado, quedou estabilizado ás 13:49 horas.

O lume iniciouse ás 22:35 horas de onte e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas. No seu control levan participado ata o de agora 5 axentes, 19 brigadas, 6 motobombas, 2 pas e 3 helicópteros.

Cabe apuntar que este lume obrigou a cortar a vía férrea Zamora-Ourense á altura do quilómetro 195 por mor do fume existente na zona, aínda que a circulación dos trens quedou restablecida esta mañá.

NOTICIAS A LIMIA | Medio Rural dá por estabilizado o lume de Vilar de Barrio