martes. 08.10.2024

A Consellería de Medio Rural vén de informar que xa está controlado, dende as 18:46 horas desta tarde, o lume rexistrado no concello de Vilar de Barrio, parroquia de Prado, ás 22:35 horas de onte.

Segundo as últimas estimacións, afecta a unhas 27 hectáreas, principalmente arboradas. No seu control levan participado ata o de agora 6 axentes, 24 brigadas, 8 autobombas, 2 pas e 3 helicópteros.

Cabe engadir que este lume obrigou a cortar a vía férrea Zamora-Ourense á altura do quilómetro 195 por mor do fume existente na zona, aínda que a circulación dos trens quedou restablecida esta mañá.

NOTICIAS A LIMIA | Controlado o lume de Vilar de Barrio, que arrasou 27 hectáreas